Parece unha día calquera pero non é así. Por primeira vez, o bebé ten que separarse da súa mamá. Queda ao coidado da avoa Mariña, quen tan pronto lle fai unha paxariña como lle conta unha adiviña.
Entre merendas, xogos e contos foron pasando a tarde, pero á noitiña chega e, con ela, Pedro Chosco e a mamá sen vir.
Bocexo por aquí e bocexo por acolá e, o arrolo sen chegar... O bebé non sabe durmir sen os arrolos e á avoa Mariña non lle acorda ningún.
Como fará para durmir este bebé? Acordaralle algún arrolo á avoa?