Só os que ti nos facilitas no formulario de contacto: nome, correo, lugar, data, hora, tipo de evento, número de asistentes e mensaxe. Esta web non ten rexistro de usuarias, nin boletíns, nin segemento publicitario.
Unicamente para xestionar a túa solicitude de información ou reserva. Ao premer Enviar, os datos ábrense na túa propia aplicación de WhatsApp para que sexas ti quen remata o envío; non se gardan en ningún servidor desta web.
Gardamos no teu navegador dúas preferencias, sen identificalas: o idioma elixido e a túa resposta ao aviso de cookies. Podes borralas cando queiras dende o teu navegador.
Con ninguén, agás cando ti decides enviar o formulario: nese caso os datos viaxan a WhatsApp (Meta) segundo as súas propias condicións. As tipografías cárganse dende Google Fonts, que recibe a túa dirección IP como calquera visita web.
Os correos e mensaxes de WhatsApp consérvanse mentres dure a relación e os prazos legais aplicables. As preferencias do navegador, ata que as borres.
Podes pedir acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidade e limitación escribindo a crisdecaldas@gmail.com. Tamén podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es).
O formulario está pensado para persoas adultas que organizan actividades. Se es menor, pide a unha persoa adulta que faga a solicitude por ti.