No Nadal, a maxia dos contos multiplícase: o Apalpador, os Reis Magos e Papá Noel veñen cada un por un camiño distinto, pero traen a mesma equipaxe: ilusión, agarimo e tempo para compartir. E algún agasallo tamén!
Entre eles apareceu un lobo feroz despistado e unha nena que se parecía a Carapuchiña Vermella. Que farán nun conto de Nadal estos dous?
Esta sesión de narración oral lembra, con humor e fantasía, que o realmente importante non vén en papel brillante, senón en risas, encontros e momentos compartidos.