Cris de Caldas

Mitoloxía disidente

Mitoloxía disidente

Mitoloxía disidente é un espectáculo de narración oral que revisita os relatos mitolóxicos desde un punto de vista feminino e feminista, para cuestionar as visións herdadas e construir outras novas. Así, cambiar o relato é tamén unha maneira de cambiar o mundo, por iso aparecen as voces ceibes e libres de Penélope, Morgana, Circe, Sherezade... entre outras.

Pártese da obra de Begoña Caamaño, a quen se homenaxea, pero polo camiño aparecen outras autoras como Rosalía de Castro, María Xosé Queizán, Margaret Atwood, Xohana Torres...

O espectáculo propón revisar os mitos desde unha mirada máis xusta, libre e igualitaria, para que así medremos como sociedade.

Público A partir dos 12 anos
Duración 50 minutos
Técnica Narración oral / Monólogo
Categoría Mitoloxía / Feminismo / Begoña Caamaño / Letras galegas
Ver todo o catálogo