O agasallo das árbores, ou a verdadeira historia da familia de porquiños máis famosa do mundo dos contos.
Moitas persoas coñecen os tres porquiños máis famosos, mas case ninguén sabe a historia dos seus pais nin como foron criados ao abeiro das árbores do monte galego, medrando entre carballos, castiñeiros e piñeiros, aprendendo a respectar a terra e a vivir en igualdade.
Unha porquiña moi espelida, con ollos de curuxa e lista coma un allo, demostrará que nos contos tamén hai heroínas sen capa.
Unha proposta que revisita os clásicos con humor e tenrura, poñendo en valor a tradición oral, a natureza e a igualdade, para descubrir que detrás das historias de sempre aínda quedan moitas cousas importantes por contar… e que a natureza debemos coidar.