Cris de Caldas

A Revolución estrafalaria

Cris de Caldas - A Revolución estrafalaria - Espectáculo de narración oral infantil e familiar

Candelaria a bibliotecaria que máis sabe de contos e que é un pouco estrafalaria, está farta de que se poñan etiquetas ás persoas. Para cambiar esta situación, reúne nun libro enfeitizado e máxico un grupo de personaxes de contos que tamén sufriron por ser considerados diferentes: un elefante colorido, un neno bailarín, unha galiña azul e moitos máis.

Xuntos deciden organizarse e iniciar unha especie de revolución contra os prexuízos e as etiquetas. A través dos contos, o humor, a música e a maxia, intentarán demostrar que ser diferente non é algo negativo, senón unha riqueza que nos fai únicos e nos permite sumar novas historias.

As historias e os contos axudarán a aceptar e respectar as diferenzas, fomentar a empatía e combater os prexuízos.

Público Familiar (+3 anos)
Duración 45 min
Técnica Narración oral. Música en directo (Opcional e recomendable)
Categoría diversidade, respecto e humor.
Ver todo o catálogo