Cris de Caldas

Tantarantiña

Tantarantiña Poster

Este repertorio nace do amor pola tradición popular e polas historias eternas. Do escoitar, do contar e de aí, nace esta recompilación que reúne contos pequenos, rimas, arrolos e xogos de palabras da tradición oral, deses que se contan coa voz, co ritmo e, ás veces, cunha boa gargallada polo medio.

Algunhas son historias herdadas e outras, os contos favoritos de xeración en xeración. Todas elas pensadas para os primeiros oídos curiosos. Con palabras sinxelas, repeticións sonoras e espertando moita curiosidade, estes contos acompañan momentos de xogo, de calma e de colo, mentres axudan a espertar a linguaxe e o gusto polas historias.

"Tantarantiña, tantarantiña, quen non come non ten barriguiña."

Un proxecto para reivindicar que contar, cantar e compartir historias fainos medrar en compañía.

Público Bebés e familias
Duración 35 minutos
Técnica Narración oral con obxectos e libros
Categoría contos / cantigas / tradición
Ver todo o catálogo